Mar adentro |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Mar adentro
Ramón leva case trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única xanela ao mundo é a do seu cuarto, xunto ao mar polo que tanto viaxou e onde sufriu o terríbel accidente que lle truncou a vida. Película baseada na historia real do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, que loitou durante anos polo dereito á eutanasia. Os diálogos que os protagonistas manteñen en galego foron respectados no percorrido internacional do filme. A edición DVD leva todos os dialogos en galego.

Palmarés: O filme recibiu o León de Plata (premio do xurado) e Javier Bardem a Copa Volpi (premio ao mellor actor) no Festival de Venecia (2004). Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa (2005). Nos premios Europa A.Amenábar foi o mellor director e J.Bardem o mellor actor. Nos premios Sant Jordi, concedidos por RNE en Cataluña, foi considerada a mellor película, J.Bardem o mellor actor e Mabel Rivera a mellor actriz. Candidata aos Óscar de Hollywood como mellor película de fala non inglesa e na categoría de mellor maquillaxe e perruquería (de cuxo equipo fai parte a galega Mara Collazo). Foi a gran vencedora dos XIV premios Goya do cine español, con catorce galardóns entre os que se contaron catro para profesionais galegos (T.Novas, C.Bugallo, M.Rivera, M.Collazo) e o de mellor filme. Candidata ao Óscar de Hollywood á mellor maquillaxe. Óscar á mellor película de fala non inglesa.

Ficha artística
Dirección: / Alejandro Amenábar
Guionista: / Alejandro Amenábar / Mateo Gil
Intérpretes: / Javier Bardem / Celso Bugallo / Joan Dalmau / Lola Dueñas / Francesc Garrido / Alberto Jiménez / Marta Larralde / Tamar Novas / Mabel Rivera / Belén Rueda / Clara Segura
Perruquería: / Mara Collazo

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia
Produtora / Filmanova Invest / Himenóptero / Sogecine / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Mar adentro
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 110'
Orixe: España-Francia-Italia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán, galego e catalán
Dobrada: Galego
web propio
Recadación: 19.837.472 €
Espectadores: 4.099.442

Galería de imaxes | VER AS 1 fotos de Mar adentro

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org